No student devices needed. Know more
12 questions
Que estrutura das seguintes non sempre está presente nun virus?
Ácido nucleico
Cápsida
Capsómero
Envoltura
Que nunca pode aparecer como ácido nucleico nun virus?
ADN lineal ou circular
ARN simple ou dobre, lineal ou circular
ADN simple ou dobre
ADN e ARN xuntos
Cal das seguintes características define mellor a un virus?
Autónomo
Parasito
Simbiótico
Autótrofo
Que precisa sempre un virus para replicarse?
Alimento
Enerxía
Calquera célula
Unha célula específica
Cal das seguintes cápsidas non existe:
Helicoidal
Poliédrica
Mixta
Esférica
Cando un bacteriófago permanece co seu ADN insertado no ADN dunha bacteria, chamamos a esta forma:
Lítico
Virión
Viroide
Profago
No ciclo lítico dun bacteriófago, que sucede rapidamente?
Insírese no ADN bacteriano
Intégrase como profago
A bacteria ponse ao servizo do virus duplicando o seu ADN e sintetizando as súas proteínas
O virus integrado pode permanecer así indefinidamente
Como se chama unha proteína infecciosa e autorreplicante responsable de diferentes enfermidades no gando e na especie humana?
Virus
Profago
Prión
Viroide
O mal das vacas tolas ou encefalopatía esponxiforme bovina, é producido por...
Unha bacteria
Un virus
Un viroide
Un prión
Unha partícula con só ARN de cadea simple que só ataca a vexetais, chámase...
Virus
Profago
Prión
Viroide
Unha glicoproteína capaz de replicarse, inducindo a transformación doutras proteínas do organismo en copias de si mesma, é:
Prión
Virus
Viroide
Profago
A cápside xunto co ácido nucleico que contén, pode chamarse...
Prión
Viroide
Profago
Nucleocápside
Explore all questions with a free account