32 questions
Para que necesita o noso organismo enerxía e substancias?
Para crecer
Para realizar as tres funcións vitais.
Para regular funcións e manterse san.
Todas son correctas
Como lle chamamos ás substancias que expulsamos durante a función de nutrición?
Substancias de desfeito.
Substancias de refugallo.
Substancias de aproveitamento.
Que aparatos interveñen na función de nutrición?
Dixestivo e respiratorio.
Dixestivo e urinario.
Dixestivo, respiratorio, circulatorio e urinario.
Como se denomina o proceso polo cal os alimentos e líquidos que tomamos se transforman en nutrientes?
Respiración
Dixestión
Excreción
O tubo dixestivo comeza na boca e remata no ano.
Verdadeiro
Falso
As glándulas anexas máis importantes son:
Glándulas salivares e estomacales.
Glándulas salivares e intestinais.
Glándulas salivares, o fígado e o páncreas.
Como se chama esa especie de pasta que creamos na boca ao inxerir alimentos?
Bolo alimenticio.
Bola de pan.
Pasta alimenticia
O bolo alimenticio chega ao estómago e transfórmase en...
Quimo
Quilo
Queixo
O fígado e o páncreas verten os seus zumes ao intestino groso
Verdadeiro
Falso
No intestino groso fórmanse as feces.
Verdadeiro
Falso
Que dous gases están implicados na respiración?
Osíxeno e nitróxeno.
Osíxeno e dióxido de carbono.
Osíxeno e hidróxeno.
Gas que necesitan todas as células para realizar as tres funcións vitais.
Osíxeno
Dióxido de carbono.
Hidróxeno
Gas que se obtén como substancia de refugallo.
Osíxeno
Dióxido de carbono
Hidróxeno
Como se chaman os condutos que conducen o aire ata os pulmóns?
Tubos respiratorios.
Vías respiratorias.
Condutos de ventilación.
Onde se produce o intercambio de gases?
Nos pulmóns.
No estómago
No sangue.
A tráquea divídese en dous condutos que se denominan...
Bronquiolos
Bronquios
Alvéolos pulmonares
Pequenos sacos de aire onde se produce o intercambio de gases co aparato circulatorio.
Bronquios
Bronquiolos
Alvéolos pulmonares
Que é o que fai que o aire se mova dende o exterior ata os pulmóns?
A propia respiración.
Camiñar.
O diafragma e os músculos intercostais.
Que aparato se encarga de levar os nutrientes e o osíxeno a todas as células do noso corpo?
O aparato dixestivo
O aparato circulatorio
O aparato excretor
O aparato respiratorio
Cales son os órganos do aparato circulatorio?
Vasos sanguíneos, sangue e corazón.
Veas e arterias
Veas, arterias, capilares e corazón
En que consiste a circulación pulmonar?
O sangue vai dende o corazón ata os pulmóns.
O sangue é bombeado dende o corazón a todas as partes do corpo.
Os pulmóns están implicados no proceso de excreción.
Verdadeiro
Falso
Nos riles prodúcense os ouriños.
Verdadeiro
Falso
Conduto que conecta a vexiga co exterior.
Uréter
Uretra
Ril
Órgano no que se acumulan os ouriños.
Ril
Uretra
Vexiga
Sinala hábitos saudables.
Beber auga.
Fumar
Alimentación saudable.
Estar moito tempo sentado na casa.
Que aparato filtra o sangue para eliminar as substancias de refugallo?
Aparato dixestivo
Aparato respiratorio
Aparato excretor
Aparato circulatorio
O aire que aspiramos pasa aos pulmóns a través do esófago.
Verdadeiro
Falso
O ser humano ten dous pulmóns
Verdadeiro
Falso
Se vai frío é malo protexer as vías respiratorias.
Verdadeiro
Falso
Os riles están situados debaixo da vexiga.
Verdadeiro
Falso
Beber é bo para o aparato urinario.
Verdadeiro
Falso